A Asociación Amicos e a Asociación de Empresarios Boirenses presentaron este mediodía o calendario solidario 2018. Unha iniciativa pensada para demostrar, mediante unha ducia de fotografías, como as persoas con discapacidade intelectual poden integrarse nunha contorna real de traballo do mesmo xeito que calquera outra persona.
Para logralo, Lesmes Fotógrafos, estudio de Ribeira, tomou imaxes dos usuarios de Amicos en 12 negocios, un por cada mes, da comarca. Construcciones Serdeco, Mar de Aguiño, Conxelados Piloño, Industria Química Río Blanco, Hispania Protección y Seguridad, Ferretería Casais, Talleres Susavila, Seguros Bilbao en Boiro, Digar Construcciones Metálicas, grupo JB CAO, Pinturas Isaval e Combustibles Puebla son os comercios e negocios que colaboraron nesta edición, presentada no local da Asociación de Empresarios Boirense.
No acto de presentación participaron representantes destes negocios, representante de Lesmes fotoógrafos e Digna Iglesias, directiva da Asociación Amicos, que atende a máis de 100 persoas con discapacidade intelectual no Barbanza e ofrece formación laboral a máis de 80.
Os calendarios xa están a venda en dúas versións a precios moi económicos. A de mesa custa dous euros e a de parede tres euros. A recadación irá integramente destinada a becas para dar atención a persoas con discapacidade orfas ou en situación de desprotección da Asociacioń Amicos, que acaba de recibir o primeiro premio AGADER ao desenvolvemento rural.
Para adquirilos, as persoas interesadas poden achegarse a algún dos centros de Amicos, o Centro de Atención Integral de Amicos en Comoxo (Boiro) e o Centro de Educación Especial en Oleiros (Ribeira). As familias das persoas atendidas tamén colaborarán na súa distribución.
Nota para os medios impresos.- Nas redes sociais de Amicos haberá fotografías da presentación