• Vari@s traballador@s do equipo participaron nunha formación sobre o uso da IA como ferramenta aliada da área de Alianzas con Persoas e Empresas
  • Este curso enmárcase na iniciativa AMI4CEI, financiada polo Programa de EFESO e o Fondo Social Europeo Plus para o periodo 2021-2027, a través de CEPES.

 

A aposta de Amicos pola innovación continua para mellorar os apoios que ofrecemos pasa pola integración de novas ferramentas e coñecementos no día a día. Por este motivo, vari@s traballador@s participaron fai unhas semanas nunha formación interna en Intelixencia Artificial, desenvolvida no marco do proxecto Ami4CEI, unha iniciativa coa que buscamos impulsar a transformación dixital da entidade e fomentar e consolidar os empregos inclusivos.

Durante a primeira parte da sesión, achegámonos á Intelixencia Artificial desde unha perspectiva práctica e accesible, entendéndoa como unha aliada no noso traballo diario. Falamos da súa evolución e do impacto que está a ter na sociedade, abordamos conceptos clave como os modelos de xestión de datos e fixemos unha aproximación sinxela ás distintas tipoloxías de IA. O obxectivo foi convertela nunha ferramenta aliada para mellorar procesos, optimizar recursos e, sobre todo, ofrecer un apoio máis personalizado e eficiente ás persoas.

Na segunda parte da formación, puxemos o foco no ámbito do benestar dixital de nen@s e adolescentes. Reflexionamos sobre os riscos aos que se enfrontan no entorno dixital, desde o uso das redes sociais ata os diferentes mecanismos de interacción en liña, e analizamos como acompañalos dun xeito responsable e consciente. Falamos de ferramentas de protección activa, como os controis parentais, a xestión da privacidade familiar ou o uso compartido de dispositivos, pero tamén da importancia do diálogo e da prevención no ámbito educativo.

Esta formación enmárcase dentro do proxecto Ami4CEI, co que traballamos para incorporar a innovación e a dixitalización como eixos estratéxicos na nosa intervención, sempre co foco posto na mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias.

O proxecto está financiado polo Programa de Emprego, Formación, Educación e Economía Social (EFESO) e o Fondo Social Europeo Plus para o periodo 2021-2027, a través da Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES).

Para máis información:

981 865 716

658 753 047

hola@amicos.org