• Miguel Beiro presenta o proxecto nun espazo clave para entender cara onde evolucionan as organizacións
  • Ciudadanía Inclusiva: impulsando instituciones sólidas desde la discapacidad intelectual é unha iniciativa financiada polo Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030

 

En marzo levamos o noso proxecto Ciudadanía Inclusiva: Impulsando instituciones sólidas desde la discapacidad intelectual ao IV Foro de Tendencias en Xestión de Persoas da man de Miguel Beiro, responsable da área de Alianzas con Persoas e Empresas.

Neste evento, organizado por APD comprobamos como as empresas e organizacións están cambiando, e en especial os seus departamentos de xestión de persoas, nos que a xestión de talento pasa por unha depurada estratexia. E nese contexto, falar de inclusión, accesibilidade e participación real non é parte da solución.

Aí é onde encaixa Ciudadanía Inclusiva. Un proxecto que xa presentamos oficialmente en febreiro, pero que nesta ocasión compartimos cun público diferente. Unha audiencia formada por profesionais de empresas e entidades que toman decisións e que teñen a capacidade de transformar as súas organizacións desde dentro.

 

 

 

O obxectivo é avanzar cara a institucións máis accesibles, máis comprensibles e máis abertas á participación das persoas con discapacidade intelectual. Porque, a día de hoxe, seguen existindo barreiras que dificultan algo tan básico como formar parte da vida pública e comunitaria.

Para cambiar isto, traballamos en varias liñas ao mesmo tempo. Por unha banda, a formación de persoas con discapacidade intelectual en competencias de cidadanía, liderado e participación. Por outra, o acompañamento a administracións públicas para mellorar a súa accesibilidade cognitiva e o uso dun linguaxe máis claro. E, ademais, accións de sensibilización dirixidas á comunidade educativa e á sociedade en xeral.

Nos vindeiros meses, o proxecto seguirá avanzando en territorios de Galicia, Extremadura, Andalucía e a Comunidade Valenciana; con formacións, encontros, materiais e espazos de participación real. Sempre traballando baixo a idea de que máis persoas poidan entender, decidir e formar parte.

Levar este proxecto a un foro como este é tamén unha forma de abrir conversa. De lembrar que cando falamos de xestión de persoas, falamos tamén de diversidade, de accesibilidade e de oportunidades.

Este proxecto é posible grazas ao Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Agenda 2030 do Goberno de España.

 

 

Para máis información:

981 865 716

658 753 047

hola@amicos.org