- O domingo pasado achegámonos á Cidade da Cultura e visitamos a exposición inmersiva Mundo expandido. Entre o físico e o virtual
- A actividade encádrase dentro da iniciativa Somos más. Somos Amicos no marco do programa Comprometidos Somos Más do Banco Santander SA e Santander Asset Management SGIIC
Hai moitos temas que nos apaixonan en Amicos, e o mundo virtual é, sen dúbida, un dos ámbitos que máis atrae ás persoas que acoden a Amicos; sobre todo os mozos e mozas máis novas. Por iso, a semana pasada puxemos rumbo á Cidade da Cultura para visitar o Museo Centro Gaiás e mergullarnos na exposición Mundo expandido. Entre o físico e o virtual.
Ao longo da mañá do domingo deixámonos caer polas instalacións inmersivas da exposición, experimentando, xogando e descubrindo como a tecnoloxía foi evolucionando ao longo dos últimos séculos ata converterse nunha parte fundamental do noso día a día.
As mozas e mozos do Fogar Amicos pasárono en grande. Xunto a Deisi, Xavi e Paula, tamén tivemos tempo para reflexionar sobre o impacto que todo este avance tecnolóxico ten nas nosas vidas, nas relacións e na forma na que entendemos o mundo. Pero tamén os límites e os aspectos negativos, como xa vimos fai unhas semanas nas formacións sobre os riscos da intelixencia artificial nas que participaron vari@s usuari@s do Centro de Día.
E como non todo ía ser virtual, tamén aproveitamos o bo tempo para dar un paseo pola Cidade da Cultura e desfrutar dun picnic ao aire libre en Santiago.
Esta saída forma parte de Somos Más. Somos Amicos, unha iniciativa encadrada no programa Comprometidos Somos Más financiado polo Banco Santander SA e Santander Asset Management SGIIC, coa que buscamos que as persoas con discapacidade participen de forma activa na vida comunitaria, gañen autonomía e poidan desenvolverse como parte da sociedade.
Para máis información:
981 865 716
658 753 047


