• O Pensadoiro é unha actividade na que se busca crear un espazo inclusivo formado por alumnado e persoas con discapacidade intelectual
  • Esta sesión do Pensadoiro forma parte da iniciativa Ciudadanía Inclusiva: Impulsando instituciones sólidas desde la discapacidad intelectual

 

Un martes máis, varias persoas da familia Amicos xunto ao alumnado do IES A Cachada volvemos atoparnos para compartir unha nova xornada de diálogo arredor de cuestións sociais, culturais e políticas. Un deses encontros nos que escoitar e opinar convértese en algo realmente valioso.

Nesta última sesión puxemos o foco na música e no seu poder para desconectar e relaxarse. Un tema que nos levou a ir un pouco máis alá e falar da súa influencia na saúde, da importancia de atopar espazos de descanso no día a día e do acceso ao ocio como un dereito que debe ser real para todas as persoas.

O pensadoiro é, sobre todo, un espazo seguro e distendido no que cada persoa pode expresarse libremente, compartir o seu punto de vista e escoitar o dos demais. Unha actividade na que hai reflexión, respecto e ganas aprender en común.

A través destas sesións, os participantes traballamos habilidades clave como a comunicación, o pensamento crítico e o debate, ao tempo que fomentamos algo tan fundamental como a participación real. Porque exercer cidadanía tamén é utilizar a voz, ser escoitado e formar parte das conversacións que nos afectan como sociedade.

Esta xornada do Pensadoiro enmárcase no proxecto ‘Ciudadanía Inclusiva: Impulsando instituciones sólidas desde la discapacidad intelectual’, co que desde Amicos buscamos avanzar cara contornas máis accesibles, comprensibles e abertas á participación de todas as persoas. Un proxecto impulsado co apoio do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 da Dirección Xeral da Axenda 2030.

 

Para máis información:

981 865 716

658 753 047

hola@amicos.org