• Esta doazón de 4.181,52 euros provén da valorización de máis de 31.000 quilos de residuos plásticos e aceite usado recollidos nos establecementos Eroski e Autoservicios Familia
  • Esta suma destinarase a reforzar xornadas de recollida de residuos mariños conducidas pol@s nos@s axentes medioambientais

 

Esta semana achegámonos ao Eroski Center de Boiro para encontrarnos coas representantes das áreas de RSE, Irasema Dámaso, e de Calidade, Ánxela Fernández y María Teresa Ruíz; da empresa de distribución alimentaria.

Durante o encontro, no que tamén participaron algunhas das persoas que acoden aos nosos centros e as súas familias, o equipo de Vegalsa – Eroski fíxonos entrega dun cheque por valor de 4.181,52 euros que destinaremos a seguir impulsando os nosos proxectos medioambientais e de inclusión no entorno mariño. Un apoio que chega grazas á valorización de máis de 31.000 quilos de residuos, en concreto de tapóns de plástico e aceite usado, recollidos nos establecementos Eroski e Autoservicios Familia.

Detrás desta cifra hai moito máis ca números. Hai compromiso e unha forma de entender o consumo e o coidado do entorno, como destaca Irasema Dámaso, que declara que “esta doazón reflexa dous dos piares de Vegalsa-Eroski: o compromiso co medioambiente e a colaboración con entidades sociais para avanzar en obxectivos comúns. En este caso, contribúe a promover a inclusión e a xerar un impacto positivo na comunidade xunto a AMICOS”.

Esta doazón irá destinada a reforzar accións de limpeza de litorais mariños e zonas de especial protección, iniciativas que non só contribúen a coidar o noso entorno, senón que tamén xeran oportunidades reais de participación e inclusión para as persoas con discapacidade.

Queremos agradecer de corazón a Vegalsa-Eroski e a tódalas persoas que, co seu pequeno xesto no día a día, fan posible este tipo de iniciativas. Porque cando empresas e cidadanía avanzan na mesma dirección, o impacto chega moito máis lonxe.

 

NOVAS EN MEDIOS

CANAL RÍAS BAIXAS

CANAL BARBANZA

LA VOZ DE GALICIA

DIARIO DE AROUSA

EL CORREO GALLEGO

CORRESPONSABLES

QUINCEMIL

O BARBANZA

 

Para máis información:

981 865 716

658 753 047

hola@amicos.org