• O equipo das delegacións de Vigo e A Coruña de KPMG e @s nos@s activistas medioambientais participaron en dúas xornadas medioambientais os días 22 e 29 de abril
  • Nesta ocasión, as limpezas realizáronse en praias de Nigrán e Arteixo

 

A primavera trouxo consigo días con moi bo tempo, e non hai nada que nos anime máis que o sol para organizar xornadas de sensibilización e recollida de residuos mariños ao aire libre.

Así, o mércores 22 de abril o noso equipo de activistas medioambientais deuse cita na praia de Patos de Nigrán con case unha vintena de voluntarios da delegación de Vigo de KPMG, mentras que o mércores seguinte, o 29 de abril, foi a quenda d@s voluntarios das oficinas que a consultora ten na Coruña, nesta ocasión nunha praia de Arteixo.

Durante ambas xornadas, non só desfrutamos da compañía mutua, tamén botamos man de tódolos nosos coñecementos referentes ao reciclaxe para dalo todo nos distintos xogos de separación de residuos mariños que conduciron @s nos@s activistas.

A continuación, baixamos ás praias, onde recollemos máis de 200 quilos de residuos de ambos arenais. Asemade, tamén compartimos conversas, curiosidades e un tempo de moito valor xuntos.

 

 

 

 

A cooperación como motor de cambio

A alianza entre KPMG e Amicos cumpre xa varios anos, nos que ambos equipos non só desfrutamos da compañía mutua en distintas xornadas poñendo en valor a figura das persoas con discapacidade intelectual como axentes activos do cambio, senón tamén a través de distintas accións medioambientais nas que o coidado medioambiental é o protagonista.

Así, nos últimos anos, ambas entidades participamos xuntos en varias recollidas de residuos mariños nas costas galegas, así como en distintas xornadas de reforestación de montes afectados polos incendios estivais.

 

Para máis información:

981 865 716

658 753 047

hola@amicos.org