• A andaina contou coa participación de máis de 600 persoas, que se deron cita o venres 1 de maio en Castrelo
  • Por segundo ano consecutivo, a Asociación de Mulleres Rurais de Catrelo ‘As Saíñas’ volveu confiar en Amicos para doar o recadado nesta iniciativa

 

En Amicos non nos imaxinamos unha mellor maneira de pasar o 1 de maio que participando na andaina solidaria organizada pola Asociación de Mulleres Rurais de Catrelo ‘As Saíñas’. Unha idea compartida por centos de persoas, en vista do éxito que resultou tamén a edición organizada este ano.

O pasado venres, máis de 600 persoas déronse cita ás 5 da tarde no campo de fútbol Beiramar, que foi o punto de saída para esta andaina circular de nove quilómetros. E entre elas, non podían faltar moitos dos membros do equipo e da familia de Amicos, que nos achegamos para desfrutar da compañía e da paisaxe dun encontro que cada ano reúne a máis xente.

Esta décima edición contou cunha madriña do máis especial, a creadora de contido galega Paula Currás. Asemade, en total a organización recadou máis de 1.600 euros, que así como o ano pasado, decidiron doar á nosa entidade.

Mil grazas ás Mulleres Rurais de Castrelo ‘As Saíñas’ por pensar de novo en nós e por apoiarnos un ano máis a través dunha iniciativa tan marabillosa.

 

NOVAS EN MEDIOS

FARO DE VIGO

FARO DE VIGO I

DIARIO DE AROUSA

LA VOZ DE GALICIA

DIARIO DE AROUSA I

FARO DE VIGO II

 

Para máis información:

981 865 716

658 753 047

hola@amicos.org