- O CAI de Amicos acolleu a última sesión do Club de Sostibilidade da Asociación para o Progreso da Dirección, un encontro de directivos que comparten as súas inquedanzas en materia de sustentabilidade
- Esta visita permitiu achegar ao tecido empresarial a realidade social e ambiental da nosa entidade, participando tamén nunha acción de restauración mariña nas augas do Parque Nacional MT das Illas Atlánticas
O noso Centro de Atención Integral de Amicos acolleu esta semana a última sesión do Club de Sostibilidade da Asociación para o Progreso da Dirección (APD), un espazo de encontro no que directivos e responsables de distintas empresas comparten inquedanzas e retos vinculados á sostibilidade e ao impacto social das súas organizacións.
A xornada reuniu a unha vintena de representantes empresariais, que despois de poñer en común as súas experiencias en materia de sustentabilidade, coñeceron de preto o modelo de intervención que desenvolvemos en Amicos nos ámbitos social, laboral e medioambiental.
Tamén aproveitamos para mostrarlles os distintos proxectos que impulsamos para favorecer a inclusión, a autonomía e a participación activa das persoas con discapacidade e/ou en situación de vulnerabilidade.

Durante a visita, os asistentes percorreron as instalacións do noso Centro de Atención Integral, achegándose ao funcionamento do centro de día, centro ocupacional e Fogar Amicos.
Un dos momentos máis destacados da visita chegou da man dos e das activistas medioambientaisdo dual Natura II, especializadas na restauración e conservación de ecosistemas mariños. El@s mesm@s foron @s encargad@s de presentar algúns dos proxectos de sensibilización e recuperación ambiental que lidera a entidade, así como o traballo que se desenvolve no laboratorio de macroalgas, onde se cultivan especies destinadas á recuperación dos fondos mariños.
A experiencia completouse cunha acción de restauración ambiental nas augas do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, na que os participantes colaboraron na solta de soportes de laminaria, contribuíndo directamente á recuperación da biodiversidade mariña.
A sesión contou coa participación de representantes de Lonza Biologics, Zendal, Delikia, Profand, Vertex Bioenergy, Aluman, APD, Antea Iberolatam, Congalsa, Confederación Empresarial Ourense, Bosquia e PFS Grupo, entre outras entidades.

NOVAS EN MEDIOS
Para máis información:
981 865 716
658 753 047


