- @s nos@s activistas medioambientais guiaron a recollida e separación de residuos na praia de Compostela en Vilagarcía
- Unha colaboración que segue medrando arredor da sustentabilidade e do compromiso social e co entorno
Esta semana volvemos á praia de Compostela, en Vilagarcía, para compartir unha nova xornada de limpeza e sensibilización ambiental xunto a unha vintena de persoas voluntarias de Altia. Unha mañá de traballo en equipo, aprendizaxe e convivencia na que o protagonismo volveu recaer nos nosos activistas medioambientais.
Foron eles e elas os encargados de conducir toda a actividade, explicando ao grupo como realizar correctamente a separación dos residuos recollidos, os distintos tipos de lixo mariño que aparecen habitualmente nas nosas costas e o proceso de pesaxe final dos materiais retirados da praia.
Ao longo da mañá, o grupo percorreu diferentes puntos do areal recollendo residuos e reflexionando sobre o impacto que estes teñen nos ecosistemas mariños e costeiros. Unha actividade práctica que tamén serviu para compartir experiencias, resolver dúbidas e achegarse un pouco máis á realidade ambiental das nosas costas.

Este tipo de accións son tamén unha oportunidade para poñer en valor o papel dos activistas medioambientais de Amicos, que levan anos implicados en proxectos de conservación, limpeza e restauración do medio mariño. A través destas iniciativas, non só contribúen ao coidado da contorna, senón que tamén exercen un papel activo na sensibilización da sociedade.
Ademais, esta non é a primeira vez que compartimos unha xornada deste tipo co equipo de Altia. Nos últimos anos xa desenvolvemos diferentes accións ambientais en común, consolidando unha colaboración que segue medrando arredor de valores compartidos como a sustentabilidade, a participación e o compromiso social.
Para máis información:
981 865 716
658 753 047


