• Máis de cen persoas, entre nen@s e adult@s, descubriron os ODS mediante xogos, retos e aprendizaxes no centro vigués
  • @s nos@s activistas achegaron a sustentabilidade e a igualdade ás aulas dun xeito divertido da man do proxecto Comprométete cos ODS

 

Xa botamos de menos as nosas visitas aos centros educativos, polo que decidimos recordar a mañá que @s nos@s activistas medioambientais pasaron en maio no CEIP Vicente Risco de Vigo, onde un total de 93 nenos e nenas e 11 adultos, repartidos en catro aulas, participaron nunha xornada de sensibilización na que os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) foron os grandes protagonistas.

Durante a mañá, as aulas convertéronse en espazos de xogo, participación e aprendizaxe. A través de diferentes dinámicas e retos lúdicos, @s participantes achegáronse a cuestións como a ecoloxía, a igualdade, a sustentabilidade ou o consumo responsable da auga, descubrindo que os ODS non son algo afastado, senón que tamén están presentes nas decisións e accións do noso día a día.

E, por suposto, os nosos activistas encargáronse de que ninguén quedase fóra! A través do xogo e da participación, foron guiando as actividades e creando un espazo no que aprender resultase divertido e no que cada persoa puidese achegar as súas propias ideas.

Esta xornada forma parte de Comprométete cos ODS, un proxecto de Amicos desenvolvido co apoio do VI Plan Social ENCE Pontevedra 2025, que busca achegar formación, sensibilización e ferramentas para favorecer unha sociedade máis inclusiva, sostible e participativa.

A iniciativa pon tamén no centro o papel das persoas con discapacidade como axentes de transformación social, neste caso, como conductores das accións de sensibilización que se desenvolven en centros educativos e outros espazos da comunidade.

 

Para máis información:

981 865 716

658 753 047

hola@amicos.org