“Quero aprender para que cando o día de mañá falten os meus pais, gustariame non depender de ningúen” . Así se expresou en rolda de prensa Macarena Fernández, unha membro de Amicos de 22 anos e unha das trece persoas con discapacidade intelectual que están a seguir cursos de formación prelaboral en Amicos coa colaboración da Fundación ONCE.

Durante a presentación destes cursos, organizada este mediodía no Centro de Atención Integral de Amicos en Boiro, a alumna explicou que ter a oportunidade de traballar por vez primeira -o seu curso inclúe prácticas no Hotel MS Boiro- fíxolle sentir moi satisfeita consigo mesma. Macarena ten a esperanza de poder convertir as prácticas nun contrato de traballo, agora ou máis adiante, viso que o hotel están moi contentos coa súa labor.

O exemplo de Macarena demostra que as persoas con discapacidade intelectual son quen de realizar un traballo igual que os demáis, só necesitan de formación e atención adecuada as súas capacidades, que son moitas. A Asociación Amicos e a Fundación ONCE levan anos colaborando baixo esta premisa. O capítulo máis recente desta colaboración son os citados dous cursos formación prelaboral para 13 persoas con discapacidade da comarca do Barbanza.

Hoxe Amicos e a Fundación ONCE puxeron sobre a mesa os resultados desta colaboración. Foi nun acto nos que os propios alumnos e Carlos Fernández Lamigueiro, presidente del Consello Territorial de ONCE en Galicia, Menchu Iglesias, directora de FSC Inserta Empleo en Galicia e Xoán España, director xeral de Amicos, tomaron a palabra para reivindicar o dereito das persoas con discapacidade intelectual a teren un traballo e seren autónomas.

Carlos Fernández Lamigueiro cualificou de “superdotados emocionais” aos membros de Amicos e animounos a usar esa potencialidade para se integrar laboralmente. A amicos cualificouna de “entidade modélica” , un colectivo que “se fai merecedor do recoñecemento non só da ONCE senón merecedor da axuda de toda a bisbarra e da sociedade en xeral” . O mandatario de ONCE Galicia salientou a mentalidade de avance da Asociación, que “sempre dá un paso adiante pensando xa no seguinte”. “Os recursos materiais que aportamos son o de menos, o importante é ver que se lle saca o máximo rendemento” concluíu. Pola súa banda, Menchu Iglesias reivindicou a neesidade de empoderar ás persoas con discapacidade para que poidan vivir con autonomía e participar no mercado laboral.
Dende Amicos, o director xeral aplaudiu o longo compromiso da ONCE e da súa Fundación coa Asociación, pois colaborou xa na construción do Centro de Atención Integral hai máis dunha década. Xoán España destacou que, ademais, a Fundación ONCE é unha organización que comprende as necesidades das persoas con discapacidade, facilitando a labor das asociacións que traballan con ela.

SETE ALUMNAS ESTÁN FACENDO PRÁCTICAS REAIS NUN HOTEL
“Quero ser camareira de piso”. Así se chama un dos cursos en marcha. Amicos diseñouno especificamente para que estas persoas tamén se poidan beneficiar do crecemento do turismo na comarca. De feito, os sete alumnos xa están facendo prácticas reais no sector. En concreto no Hotel MS Boiro, ao que agradecemos a súa colaboración, implicación e bo facer.

Fan prácticas durante tres horas ao día até sumar 100 horas de traballo no hotel, que en case todos os casos constitúen a súa primeira experiencia laboral. Algo moi necesario para derrubar as barreiras que teñen ao seu redor, pois, ademais de discapacidade, son mozos procedentes de contornos rurais, nos que as oportunidades de emprego son aínda máis limitadas.

Durante un total de 260 horas, neste curso os estudantes reciben formación útil, teórica en eidos como o hixiene, e práctica en tarefas como a limpeza de habitacións, o aprovisionamento e o coidado de roupa. Habilidades que tamén lles resultan útiles para gañaren autonomía na súa vida cotiá.

FORMACIÓN A MEDIDA PARA OS QUE MÁIS A NECESITAN
O outro curso está pensado especificamente para un dos colectivos máis vulnerábeis. Chámase “integrando a mozos con trastorno mental asociado á discapacidade intelectual” e, dada as características e potencialidades dos seus seis alumnos, Amicos puxo un especial coidado en personalizalo.

Aprendendo tarefas sinxelas, como habilidades sociais e laborais básicas, estas persoas sentan as bases para mellorar a súa empregabilidade de cara a completar a súa formación no futuro. Ao seu dispor teñen un completo equipo multidisciplinar. Unha psicóloga, un educador social, un traballador social e dous monitores de apoio préstanlle atención individualizada durante as 320 horas do curso. Os dous cursos de formación, que comezaron en abril, rematarán a finais do mes de xuño.

NOVO VEHÍCULO
Ademais de financiar os cursos, a Fundación ONCE contribuíu nos últimos meses a adquisición dun vehículo especialmente adaptado para o transporte de persoas con mobilidade reducida. O vehículo súmase á flota do servizo de mobilidade que Amicos ofrece ao seu cento de membros. A ONCE, a súa Fundación e Amicos levan anos cunha estreita colaboración, pola que Amicos expresa o seu profundo agradecemento. Velaquí unha relación dalgúns dos proxectos destes anos:

PROYECTOS DE ASOCIACIÓN AMICOS CON FUNDACIÓN ONCE

2016:
REFORMA Y MEJORA DE LAS INSTALACIÓNES DEL CENTRO DE ATENCIÓN TEMPRANA.
FSC INSERTA “ACTIVIDADES AUXILIARES EN VIVEROS, JARDINES Y CENTRO DE JARDIN”. Acción formativa

2017:
FSC: INSERTA “ACTIVIDADES AUXILIARES EN CONSERVACIÓN Y MEJORA DE MONTES”. Acción formativa
COFINANCIACIÓN (20.000 EUROS) EQUIPAMIENTO DEL CENTRO RURAL DE DÍA Y OCUPACIONAL Y ADQUISICIÓN DE VEHÍCULOS PARA TRANSPORTE ASISTIDO Y ADAPTADO

2018:
PROGRAMA UNO A UNO: QUIERO SER CAMARERA/O DE PISO. Acción formativa
PROGRAMA TRASTORNO MENTAL ASOCIADO A LA DISCAPACIDAD INTELECTUAL. Acción formativa
FSC INSERTA “ACTIVIDADES AUXILIARES EN VIVEROS, JARDINES Y CENTRO DE JARDIN”. Acción formativa.