Un novo convenio de colaboración permitirá aos especialistas de Amicos asesorar á Xunta
A Consellería colaborará co Centro de Educación Especial na difusión de material educativo específico
Boiro, 23 de setembro de 2018.- Ofrecer a mellor educación posible aos rapaces con discapacidade intelectual para que teñan as mesmas oportunidades que os demais para realizar o seu proxecto de vida. Este é o espírito que move ao Centro de Educación Especial (CEEPR) de Amicos, cuxa labor acaba de recibir un importante recoñecemento por parte da Xunta de Galicia.
Os profesores e especialistas de Amicos asesorarán á Consellería de Educación no deseño das metodoloxías máis apropiadas para o ensino dos menores con discapacidade intelectual, trastorno do espectro do autismo, parálise ou dano cerebral. Isto inclúe a posibilidade de colaborar directamente cos centros dependentes da Consellería. Así figura nun novo convenio de colaboración que asinaron esta semana a presidenta de Amicos, María Esther Vidal, e o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, en Santiago.
A través deste acordo, a Xunta ofrecerá formación permanente ao profesorado do CEEPR. Ademais, a Consellería de Educación colaborará na difusión de material didáctico específico que permita unha mellor atención a este colectivo.
Deste xeito mellorará aínda máis a calidade do CEPPR, que dende 2008 ofrece un ensino específico e personalizado, adaptado ás necesidades de cada alumno. Porque en Amicos o centro de todas as nosas accións, o noso verdadeiro motor, é mellorar a calidade de vida a todos os nosos membros, e iso require dunha atención individualizada.
O CEEPR imparte ensinanzas oficiais e regradas cun método educativo enfocado na participación e na estimulación das propias capacidades. Un dos obxectivos é que os nenos aprendan a desenvolverse por si mesmos e que deste xeito poidan integrarse nos seus contornos sociais en pé de igualdade cos outros rapaces. Para logralo, os alumnos do CEEPR realizan a miúdo realizan actividades en común cos outros centros de ensino do Barbanza.
Dende o 2008 cursan estudos no Centro de Oleiros (Ribeira) en torno a 20 rapaces cada ano, que contan o apoio non só de profesores, pero tamén logopedas, psicólogos e fisioterapeutas.