Este mes de Outubro catro mozos do CEEPR Amicos acompañados por dous profesores viaxaron a Grecia no programa Erasmus + ” The change starts with us” “O cambio comeza connosco”.

Unha gran oportunidade para estes estudantes que da man dos anfitrións Griegos e os demais países participantes (Portugal, Turquía, Romanía e Reino Unido ) realizaron actividades de integración en varios centros educativos da cidade de Atenas. Tamén visitaron as zonas máis coñecidas da capital como Acrópole, Partenón, o templo de Zeus, a praza Síntagma, onde puideron contemplar un cambio de garda.

De está experiencia queremos destacar a gran integración real cos demais países participantes, recalcando que “o idioma non é unha barreira, as barreiras poñémolas as persoas”. O próximo mes de Xuño viaxaran a Romanía para o terceiro intercambio do programa Eramus + ” The change starts with us”