Este primer encontro do proxecto iniciouse onte, luns 26 de novembro na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, onde as diferentes entidades déronse a coñecer nunha xornada de convivencia, con visita guiada a Santiago incluída. Neste primeiro día especificáronse as tarefas a desenrolar ao longo deste proxecto que terá continuidade ata o 2020.
Hoxe a xornada comezou cunha visita guiada polas instalacións de Amicos onde Macarena, Javier, Juan e Carmen ensinaron aos nosos convidados o traballo que facemos diariamente, incluso tiveron a oportunidade de practicar inglés!
A continuación tivo lugar o acto de presentación aos medios de comunicación do novo traballo que se levará a cabo. Nesta ocasión Javier,
Pablo e Marcos, comentaron as súas experiencias laborais, as problemáticas e os apoios que se atopan no seu día a día. Acompañándoos contamos coa presencia de Jesús Lamas, subdirector de recursos da Consellería de Política Social; Anxela Franco, deputada provincial de Benestar Social; Menchu Iglesias, directora de FSC Inserta Empleo en Galicia, Juan José Dieste, alcalde do Concello de Boiro; Odón López, xefe do distrito forestal do concello de Noia, Adelo Freire secretario da Cofradía de Noia e Xoán España, director xeral de Amicos.