AMICOS CONSEGUE QUE MÁIS DE 2000 ESCOLARES DE 22 CENTROS, XOGUEN DE MANERA INCLUSIVA NO DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 A COVID non impediu que se celebre un ano máis o Festiritititi, grazas ao esforzo de adaptación e garantías de seguridade.

 Un día tan especial coma hoxe, 3 de Decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade, non podería faltar o FESTIRITITITI, o festi da inclusión a través do xogo da Asociación Amicos.

Este ano tan diferente, un ano de adaptación, onde non podemos xuntarnos cos amigos e amigas para celebracións, como vai ser este festival??? Pois este ano o FESTIRITITITI está máis presente ca nunca e máis de 2000 escolares de 22 centros, están a xogar de maneira inclusiva no seu propio recreo. Unha caixa chea de xogos adaptados ás necesidades de apoio dos escolares e as medidas covid, foi diseñado, elaborado e entregado pola Asociación Amicos nestes colexios.

A covid 19 parece que veu para quedarse un tempiño, pero esto non pode ser un impedimento para que os nosos nenos e nenas xoguen e disfruten no tempo do recreo.

O FESTIRITITITI naceu no ano 2018 como unha maneira diferente de celebrar este día. Nese ano 300 escolares sumáronse ao festival. No ano 2019 asistiron 600 de 7 centros escolares. Neste ano 2020 triplicouse o número participantes: 22 colexios, máis de 2000 escolares.