Queremos agradecer á Farmacia Cimadevila o agasallo de dúas cestas cheas de froita fresca e tamén froitos secos, para que os nosos rapazes e rapazas poidan desfrutala nestas festas.
A Farmacia Cimadevila de Boiro é unha das farmacias coas que a entidade traballa ao longo do ano e forman parte da familia Amicos, xa que non só nos atenden en todo o que precisamos para que os nosos residentes non lles falte de nada, senón que tamén colaboran cos nosos talleres ocupacionais, especialmente coa “FABRICA + SOCIAL” facendo pedidos periódicos de material corporativo para a súa empresa.
Tamén agora mesmo teñen á venda o noso calendario solidario , se ti non o tes, a que esperas para facerche cun?

 

Dende Amicos gustaríanos pedir a máis Empresas con Alma, como a Farmacia Cimadevila en Boiro, que nos axuden e colaboren cos nosos talleres ocupacionais e prelaborais para acadar a inclusión real de persoas con discapacidade ou en risco de inclusión social.

GRAZAS FAMILIA CIMADEVILA!