Gran Festival e Xantar de Nadal 2020 no Centro Integral Amicos.

No día de hoxe en Amicos celebramos a tradicional festa de Nadal, coa que dá o pistoletazo de saída a unhas datas tan entrañables como estas.

Este ano un pouco deslucida debido a Covid19 e mantendo os rigorosos protocolos que levamos a cabo nas nosas instalacións, os nosos usuarios/ as non perderon a oportunidade de pasalo en grande e sacar todo o mellor deles para celebrar un día tan especial con todos os seus compañeiros.

O festival de Nadal deste ano foi moi distinto ao doutros anos, xa que debido á pandemia que estamos a vivir adaptámolo para que cada grupo burbulla actuase desde a súa aula, mantendo os protocolos actuáis do centro, pero sen que os seus compañeiros doutras aulas se perdesen as fantásticas actuacións que levan preparando desde hai semanas con moito entusiasmo. Grazas a tecnoloxía puidemos emitilo vía streaming.

Marcelino residente do  Fogar Amicos e usuario de Fabríca+ Social, tocou a harmónica mentres os seus compañeiros cantaban unha panxoliña adaptada con pictogramas.

Javier, usuarios do centro de día, disfrazouse de Papá Noel e acompañado dos seus compañeiros,  Benjamin, Ramón, Carolina, Luís, María, Jacobo, Yesica, Alejandro e Carolina vestidos de renos, representaron unha fantástica obra.

-O grupo de ocupacional foi o que máis nervios pasou, Martín, Jose, Ramiro,  Yasin, Adrián, David e Vicente, cantaron unha preciosa panxoliña acompañada dunha estupenda coreografía.

Houbo moitas máis actuacións, coas que os nosos usuarios/as esqueceronse por un momento o vivido nos últimos meses.

Achegámosvos unhas imaxes dalgunha das actuacións de hoxe.

 

Ao final do festival, e por grupos de convivencia disfrutamos do tradicional xantar de Nadal, cun menú moi especial, primeiro unha deliciosa vieira acompañada de gambas, de segundo, unha deliciosa carne ao forno con patacas e finalmente comemos uns deliciosos doces de nadal.

Finalmente, recibimos a visita de Papá Noel, que veu entregar o tan desexado agasallo de Nadal mentras despediu os usuarios e traballadores da nosa entidade, desexándolles un bo Nadal e un feliz ano novo.

 

Dende Amicos gustaríanos pedir colaboración para a nosa nova campaña de Nadal,  Preme na ligazón, e colabora -> ¿E ti que vas pedir este Nadal?