O ano 2020 foi un dos máis raro que vivimos. Para moitos, foi o peor de todos e o noso desexo é que se vaia canto antes.
Foi un ano que freo de golpe todos os nosos proxectos…pero ao 2021 pedímoslle poder volver á nosa rutinas habituais, a poder abrazar aos nosos compañeiros, poder volver elixir se nos apetece ir á piscina ou ao fútbol, adestrar a kempo ou ir a taekwondo, tamén poder volver coñecer o mundo da man dos proxectos Erasmus+.
No 2021, gustaríanos que podamos convidarvos como antes o noso centro, para participar en todas as nosas actividades festivas, como a do entroido, san Xoan, convivencia familiar, o magosto, Halloween, Nadal, Festiritititi…etc.
Xa tedes todo preparado? Os nosos residentes queren desexarvos unha noite estupenda. Como celebrardes vós a Noite Vella? Nós no Fogar Amicos temos montada unha pequena festa, respetnado as medidas sanitarias actuáis , para que os residentes que non poden ir pasar esta noite tan especial coas súas familia o poidan pasar da mellor maneira posible.
Feliz Ano Novo e que o 2021 veña cargado de boa enerxía. Todo a familia Amicos temos máis ganas que nunca de seguir traballando ao voso lado.