Hoxe é un día moi especial, case poderíamos dicir que estamos vivindo un acontecemos histórico, a nosa Asociación recibiu esta mañá sobre sobre as 10:00 h máis de 130 doses de vacinas contra a COVID-19. Comezamos coa vacinación de traballadores e residentes.

¡Tivo unha gran acollida! Dos 100 traballadores do centro, o 90% vacináronse. As renuncias que houbo son debidas a prescricións médicas como períodos de lactancia, embarazo, entre outros motivos.

Os usuarios vacinados pertencen á Residencia e conformaron un total de 30 doses. Os residentes manifestaron a súa alegría por frear e matar o virus, así nolo contaba Marcelino Romero “ Estabamos un pouco inquietos todos e a ver se a partir de agora podemos ir recuperando un pouco a normalidade”, asentía este usuario consciente de que aínda queda outra dose e que o efecto non é inmediato.

Xoan España, director xeral do Grupo Amicos, ten claro que quere vacinarse. A nivel xeral, considera que as vacinas son un gran avance para a sociedade que permiten mellorar a esperanza de vida da poboación. Confía no 100% da efectividade da vacina contra o COVID. “Para nós é importante que lle dean prioridade aos centros con discapacidade, esta vez somos nós os primeiros”. Así agradecía a todo o sistema sanitario e institucións que os tivesen en conta, xa que isto vai permitir seguir avanzando e recuperar actividades nas que tiveron que dar moitos pasos atrás.

Dende Amicos, somos moi conscientes da importancia da vacina, xa que nos tocou moi de preto. En abril tivemos a 30 persoas afectadas polo coronavirus. Dende a dirección xeral, queremos mandar moito ánimo a todos os Centros que pasaron po esta situación para que sigan loitando ¡Xa se alcanzou un avance moi importante!