O terceiro luns de xaneiro coñécese como Blue Monday, ou luns triste en galego, o día máis triste do ano segundo investigadores da universidade de Cardiff. A orixe deste termo remóntase ao ano 2005, cando os psicólogos desta universidade anunciaron obter a fórmula matemática para determinar cal era o día máis triste do calendario.  Segundo esta fórmula o terceiro luns de xaneiro sería o día no que acumulamos máis tristeza e os motivos son unha mistura entre a coñecida costa de xaneiro, o clima frío, o tempo transcorrido dende as vacacións de nadal e os propósitos de ano novo que comezan a verse incumpridos.

Pero en Amicos non o vemos tan azul, ao contrario, aproveitamos este luns tan soleado para facer actividades no exterior. Estivemos facendo talleres de decoración, xogando ao fútbol e descansando baixo este sol de inverno, sen deixar un oco para a tristeza.

Aínda que sabemos que moitas cousas neste mes se fan costa arriba nós plantámoslle cara con actitude postiva para que este día non pese máis da conta.