Máis de 120 residentes e traballadores recibiron hoxe a segunda dose da vacuna de Pfizer contra o Covid-19. Amicos recibe a inmunidade tras 21 días da primeira dose posta en xaneiro. Queremos agradecer a todo o persoal do Sergas por facer isto posible, xa que todo sucedeu sen ningún problema.
A primeira hora desta mañá Macarena, Pablo, Jesús e todos os sus compañeiros e técnicos do Centro Integral Amicos recibiron a segunda dose da vacuna Pfizer. Macarena explicou que esta segunda dose doeulle menos ca primeira. Pola súa parte, Jesús comentaba que quere que chegue a vacuna para todos, xa que é moi necesaria.
Con esta segunda toma se completa o proceso de inmunización contra el coronavirus. O equipo de enfermeiras que se desplazou ao centro explicou que a garantía da inmunización é do 95%. Polo tanto, débense seguir mantendo as medidas de seguridade, hixiene e EPIS ata que se consiga a inmunidade total de la población, pois segue habendo risco a contaxiarse dunha maneira máis leve, ou contaxialo a outras persoas.
A vacina supón unha medida máis de protección contra o COVID-19 pero, non podemos baixar a garda e debemos continuar con todas a medida de protección. Tras sufrir tempranamente o coronavirus nas nosas propias carnes, esta vacina supón un raio de luz e esperanza, que convida a mirar ao futuro con entusiasmo e motivación. A volta á normalidade parece cada vez máis próxima, a pesar de que os datos xerais aínda non son os desexados.