Esta semana celebramos o Gran Desfile de Entroido nos principais centros de Amicos. Na nosa asociación somos fieis seguidores desta tradición e, a pesar das circunstancias actuais, non podíamos deixar de celebralo. Contra a chuvia e as restriccións vixentes pola Covid-19 conseguimos adaptar o festival aos interiores do noso centro e pasar un día moi especial.
Varias foron as comparsas que se presentaron ao certame e todos os disfraces foron feitos polos nosos chicos, en colaboración cos técnicos de desenvolvemento. O desfile realizaouse en dúas partes, primeiro no centro Amicos onde desfilaron as comparsas de: os increíbles, Toy Story, O Rei León, Tu cara me suena, Super Mario e Superman e Superwoman.
E despois desfilaron os máis Pekes no CEEPR de Oleiros. Os nosos pequenos vestíronse de cociñeiros: un aula rendiu homenaxe á cociña italiana e outra á americana. Ademáis neste centro tivemos un disfraz individual que destacou pola súa presentación: Lumiére, de La Bella y la Bestia.
Os desfiles retransmitíronse en directo dende a nosa páxina de facebook e a xente que os veu pudo votar a través dun formulario pola comparsa que máis lle gustou. Ademáis tivemos un xurado composto por tres traballadoras do centro que deliveraron, con gran dificultado dado o alto nivel dos concursantes, cal foi o disfraz gañador.
Tralo reconto proclamamos ao vencedor: a comparsa do Rei León. Ademáis o disfraz individual recibeu unha mención especial, o candelabro de La bella y la Bestia.