A Asociación Amicos presentou o seu proxecto para este Xacobeo 2021 – 2022 no Auditorio de Abanca de Santiago de Compostela.

A gala de estrea foi presentada polos propios protagonistas da mediametraxe, Carolina Castro e Marcelino Romero. Contaron con dous axudantes moi especiais no escenario, Noelia Rey e Fran Cañotas, presentadores da Televisión de Galicia

Ao acto acudiu Cecilia Pereira Marimón, Comisaria do Xacobeo e Fernando González Abeijón, Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia. Tamén nos acompañaron as alcaldías da zona: Gumersindo Guinarte, Concelleiro de Santiago e responsable de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo; José Santiago Freire, Alcalde de Noia; Ramón Tojo, Alcalde Rois; Marta Giráldez, Alcaldesa de Meis; Xosé Lois, Alcalde Pobra do Caramiñal; María José Sampedro, Teniente Alcalde de Ribeira e Juan Manuel Vidal, Alcalde do Concello de Pontecesures. O nosos compañeiros foron arroupados polos compañeiros e outros membros de amicos, así como os seus familiares. Máis de 150 persoas non quixeron perderse esta estrea no Auditorio de Abanca de Santiago.

“Foi unha experiencia inolvidable e sentinme moi arroupada por todos. Fixen de reporteira e actriz a vez”, indicou emocionada Carolina Castro ao presentar. Marcelino tamén se mostrou moi conmovido tras a visualización da película.

Ao rematar a proxección, Xoán España, director da Asociación, quixo darlle os parabéns aos protagonistas: “Seguimos a prol do camiño da inclusión, que para nós é o máis importante. A discapacidade mostrou unha vez máis que é un motor de cambio.

Tamén subiu ao escenario Cecilia Pereira indicando que fora o proxecto máis bonito que vira ata o momento. “Gracias por participar en O Teu Xacobeo con este Proyecto tan emocionante, creo que hoy todos hemos descubierto sitios que no conocíamos”.

Fernando González Abeijón indicoulle aos nosos protagonistas que podían presentarse aos Premios Óscar: “Non dubidada de que ía ser un proxecto de gran calidade feito por Amicos”.

Para pechar o acto, houbo dúas actuacións musicais en directo. A primeira foi realizada por Diego Ruibal, técnico da Asociación que lle puxo a voz e a música á mediametraxe e a esta noite cunha canción composta por Marcelino. Os dous formaron o tádem perfecto para lle por música ao proxecto.

E para rematar, Marcelino e os seus compañeiros pecharon cunha foliada de gaita, bombo e tambor, para por o broche final a este día tan especial para a Asociación Amicos.

SIPNOSE DA MEDIOMETRAXE

Reporterios no Camiño é unha mediometraxe de ficción onde os compañeiros da Asociación Amicos decidiron facer un Camiño inclusivo pondo en valor o patrimonio cultural e natural de Galicia onde a discapacidade volve a demostrar que pode ser un motor de cambio. Nesta convocatoria visualizouse o tráiler onde se descubriron os seus protagonistas, que son Marcelino Romero, usuario do Fogar Amicos e Carolina Castro, usuaria do Centro diurno de Amicos.

Os dous, a través desta mediometraxe farán o Camiño de Santiago motivados por un taller de teatro que ven impartir ao Centro de Amicos o mesmo Federico Rey. O actor galego de mazaricos pídelles a Carol e a Marcelino que o seu próximo papel é ser xornalistas. Que mellor maneira de convertirse en xornalistas, e meterse no papel, que facendo o Camiño de Santiago e ir atopando persoas as que preguntarlle as súas vivencias e historias. Carolina e Marcelino parten o seu camiño dende Amicos pasando polos concellos de Meis, Catoira Illa de Arousa, Pontecesures e Rois ata rematar en Santiago. En cada lugar terán un encontro cun protagonista moi especial que lles explicará que é o que poden visitar de cada Concello.

Estiveron con persoeiros moi especiais:

  • Remedios Moimenta, unha vinicultora experta do Concello de Meis
  • Co actor Carlos Blanco e o seu compañeiro Rui, que lles contará a historia da Illa de Arousa e da Conserveira Goday.
  • Fernando Rial dono do Bar Enxebre Galeón Vikingo que nos contou a historia de Catoira e a súa romaría.
  • Manuel Vázquez, historiador de Pontecesures, que explicou como esta vila é o unico porto de interior.
  • Gonzalo Rivero, dono do Pazo Faramello en Roi, un lugar máxico que esconde unha gran historia antes de ser un pazo como tal.
  • Camilo Seira, escultor de Rois e amigo de Marcelino co que recordou vellas historias de foliada xuntos. Ademáis, os nosos compañeiros recibirán moitas máis sorpresas de personaxes moi importantes do panorama artístico galego.

OS PROTAGONISTAS

Os protagonistas desta mediametraxe son Carolina Castro e Marcelino Romero, os dous son compañeiros da Asociación Amicos e convertíronse en actores para facer esta mediametraxe.

Marcelino Romero vive no centro Amicos dende fai 4 anos. É unha persoa moi entusiasta e traballadora. Gústalle cultivarse de coñecementos, como a escritura e a lectura. Escribe os seus propios poemas e vivencias. El eva consigo unha carro de experiencias, traballou de camareiro, futbolista, adestrador de fútbol, tocando o bombo e a gaita, e por suposto escribindo. Fixo 7 veces o Camiño de Santiago, polo que xa é todo un experto na materia. Incluso traballou como voluntario nalgúns albergues do Camiño.

Carolina Castro é unha persoa experta en superar a adversidade. Tras sufrir un accidente de pequena, conseguiu saír adiante e grazas á súa forza demostrou que nada pode detela. Unha das cousas que máis lle gusta é camiñar e pasear, sobre todo ao lado da súa nai, a persoa que máis quere no mundo. Cada vez que fala dela faino con moita emoción. Nunca fixo o Camiño de Santiago, polo que esta viaxe é un soño para ela.

ASISTENCIA

  1. Fernando González Abeijón, Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia.
  2. Ildefonso de la Campa, Director de Administración e Relacións coas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago.
  3. Gumersindo Guinarte, Concelleiro Santiago responsable de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo. Delegado do Ano Santo 2021.
  4. José Santiago Freire, Alcalde de Noia.
  5. Luis Oujo, Alcalde de Porto do Son.
  6. Ramón Tojo, Alcalde Rois.
  7. Marta Giráldez, Alcaldesa de Meis.
  8. Xosé Lois, Alcalde Pobra do Caramiñal.
  9. María Xosé Sampedro, Teniente Alcalde de Ribeira.
  10. Juan Manuel Vidal, Alcalde de Pontecesures.
  11. Xoán España, director xeral da Asociación.
  12. Marcelino Romero, protagonista da mediametraxe e usuario de Amicos.
  13. Carolina Castro, protagonista da mediametraxe e usuaria do centro diurno de Amicos.
  14. Noelia Rey, presentadora da TVG que copresentará cos actores principais.
  15. Fran Cañotas, presentador da TVG que copresentará cos actores principais.

OBXECTIVOS DO PROXECTO

  • Compartir e difundir o coñecemento sobre o patrimonio natural, cultural e humano da ruta do Mar de Arousa e Río Ulla, a través da realización desta mediometraxe que realizarán persoas con discapacidade e onde se fomentará a inclusión destes colectivos desfavorecidos.
  • Fomentar o coñecemento do patrimonio relacionado co Camiño do Santiago.
  • Dar voz e recompilar as historias e experiencias que se xeran ao longo do Camiño, implicando a toda a poboación galega e xerando un sentimento de orgullo e pertenza cara aos valores da nosa comunidade.
  • Apostar por novas fórmulas de difusión e contidos innovadores que poñan en valor a esencia do Camiño de Santiago.
  • Obxectivo ODS10 “Redución das desigualdades” a través desta meta, potenciar e promover a inclusión social, económica e política de toda as persoas, independentemente da súa idade, sexo, discapacidade, raza, etnia, relixión ou situación económica.

FINANCIACIÓN E PATROCINIO

Este proxecto forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia