Hoxe celebramos as I Xornadas de Innovación Social no Concello de Noia, no emblemático Teatro Coliseo Noela. Foi unha mañá de apredizaxe e de presentar novos proxectos na que contamos coa presencia de Fernando González Abenjón, Director Xeral de Persoas e Maiores da Consellería de Política Social; o alcalde de Noia, José Santiago Freire e Margarita Hermo, Directora de Relacións Institucionais en Jealsa.

Como anunciaba o Director Xeral de Amicos, Xoán España, hoxe comezaba un novo Amicos. Coa presentación de 3 novos proxectos: AmiCovid, Proplus e Marca Social e o peche de resultados de Train-Inc, o proxecto Erasmus liderado por Amicos, damos un paso máis cara a inclusión social das persoas con discapacidade intelectual e as súas familias.

Os proxectos

TRAIN INC – Erasmus+

Sonia Lamas, técnica de proxectos europeos da Asociación, xunto con Miguel Beiro, responsable da área de emprego e empresas, foron os encargados de presentar o TRAIN INC Erasmus+. Este é o primeiro proxecto erasmus liderado por Amicos.

Unha oportunidade para o intercambio e a aprendizaxe intercultural e unha vía para mellorar a calidade da educación, en calquera das súas etapas. Artéllase en actividades de intercambio, talleres, viaxes e encontros nos que os participantes de distintos países compartimos metodoloxías de traballo e boas prácticas. Está centrado na formación para o emprego, o auto-emprego, o mantemento do posto de traballo e a inclusión laboral a través dunha metodoloxía de aprendizaxe cooperativo. O consorcio que forma O TRAIN INC son sete entidades de distintos países: Asosiaçao Grao Vasco, en Portugal, Psihoforworld, en Rumanía, SNRSS en Polonia, Bapid, en Bulgaria, e Medatlanta e Amicos en España.

AMICOVID19

Para presentar Amicovid, contamos con dous usuarios da Asociación, Javier Freijo, que acude ao centro diurno, e Carmen Piñeiro, que vive no Fogar Amicos. Os dous, mediante un coloquio, expuxeron a problemática que viven tras a crise do COVID-19. Non poden realizar actividades xuntos e están en aulas burbulla. 

Esta problemática platexanda polos compañeiros evidenciou a necesidade de flexibilizar e adaptar os servicios á nova realidade. Por este motivo xurdiu Amicovid19 coa finalidade de deseñar e implementar medidas que permitan dar continuidade aos servizos proporcionados ás persoas con discapacidade de forma deslocalizada, así como brindar un apoio integral ás familias.

MARCASOCIAL.ORG

Para dar paso a esta iniciativa contamos con Marga Hermo, directora de relacións institucionais de Jealsa. Ela expuxo a responsabilidade social corporativa que ten o grupo con diferentes entidades, especialmente coa Asociación Amicos e o seu centro ocupacional, que levan colaborando dende o 2013 xuntos. 

Marcasocial.org trátase dun proxecto para a mellora da competitividade das empresas e as entidades de economía social. Pretende o desenvolvemento de estratexias e plans que melloren a competitividade das entidades, para a súa sostenibilidade a longo prazo mediante a potenciación de liñas de negocio actuais e o impulso de novas solucións, co obxectivo de mellorar a atención integral dos colectivos máis vulnerables

PROPLUS

Proplus é un proxecto para mellorar a competitividade e medidas de consolidación empresarial das empresas e entidades de economía social que facilitan a inserción laboral de persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social. 

Amicos conta coa empresa de inserción laboral da Ecobrigada. Por iso para a presentación desta iniciativa se contou con Jose María Baso e Manuel Gonzálex, que son técnicos da Ecobrigada onde realizan diferentes traballo de mantemento forestal, xardinería e obras. 

O obxectivo de Proplus é a sensibilización de cara ás contratacións públicas socialmente responsables como unha ferramenta eficaz para avanzar no desenvolvemento sostible e para acadar os obxectivos sociais da UE.

O acto foi clausurado polo alcalde de Noia, Santiago Freire: “Agradezo a Amicos que escollerades Noia para presentar a vosa primeira xornada de innovación social”. Recalcou a neceidade de extender os mecanismos de colaboración ás distintas institucións a través destes proxectos. 

Se te perdistes a Xornada ou queres revivir os momentos que vivimos nela podes facelo no seguintes link: