A exposición é moi variada e creativa, está composta por obras que van desde os símbolos ata as experiencias do camiño de Santiago.

Con este tipo de arte buscamos transformar residuos como o papel, o cartón, a madeira, o cristal, os plásticos, os metais ou o caucho en obras de arte. Os materiais que se usaron forman parte das distintas batidas de limpeza que estamos a levar a cabo nos últimos meses nas praias e ríos da comarca do Barbanza.
As principais características deste estilo é que non se cingue a ningunha disciplina, se non que se ve representado en todas elas. Podemos atopar arte reciclada nun cadro, nunha escultura etc.

Co motivo do ano Xacobeo decidimos fusionar o noso espírito ecolóxico e creativo, creando esta exposición de obras sobre o Camiño de Santiago con elementos reciclados, esta iniciativa esta dentro dun taller denominado “EXPRESARCHE” que consiste en que as persoas poidan desenvolverse artisticamente levando acabo un taller de expresión artística

Na inauguración contamos coa presenza de Digna Iglesias, vicepresidenta da asociación Amicos que quixo recalcar “Son obras creadas ao partir de materiais reciclados, este ano a temática vai sobre o camiño de Santiago, están creadas cos residuos recolleitos nas praias durante esteas últimos meses, convidamos a outros concellos a que nos brinden a oportunidade de expoñelas para poder concienciar á poboación do uso responsable de plásticos dun só uso“ .

Por parte do concello asistiu María del Carmen Figueiras Abes, tenente alcalde, comento “Son unhas iniciativas moi interesantes, á parte de axudar na recollida de residuos que trae o mar ás praias, fai que nos concienciemos no que realmente tiramos, parécenos moi importante a mentalización de que temos que reciclar e tratar da mellor maneira o noso planeta”.
E por último cerro Raquel García, concelleiro de cultura que agradeceu á nosa asociación o traballo excelente que levaron a cabo coa creación destas fantásticas obras.

Para pechar queremos destacar que entre os días 27 de Agosto e 14 de Setembro, levaremos a cabo varios talleres de creación de arte reciclada, unha actividade de inclusión para persoas de todas as idades con e sen discapacidade. As datas anunciarémolas nas nosas redes sociais nuns días. Instagram @amicosasociacion e en Facebook @Asociación Amicos

Queres colaborar? faite socio e únete!