Estamos en tempo de vendima e a nosa Ecobrigada formada por 2 capataces e 6 rapaces estrenaron nesta preciosa labora grazas a Adegas Granbazán e Adolfo Picáns.

Estiveron unha semana no val do Salnés onde esta adega ten gran parte dos seus viñedos.

Durante este tempo aprenderon como recoller os racimos un a un, a man, e realizando unha primeira selección nos mesmos viñedos, cortando unicamente aqueles que se atopan en condicións óptimas de maduración. Estes racimos transpórtanse en caixas de pouca capacidade para garantir que as bagas non se esmagan e chegan en perfectas condicións á adega, onde se iniciará o proceso de elaboración do viño antes de que os froitos comecen a fermentar. Este tipo de vendima asegura o maior coidado para as uvas e un grao de maduración homoxéneo de toda a colleita.

Grazas por confiar en nós e esperemos que sexa a primeira de moitas vendimas. Deixámosvos un pequeno resumo destes días de traballo.