Miguel, Alfonso, Juan, Sarai e Adriana acompañados de 4 técnicos da asociación participaron con 3 entidades máis no último encontro marcado dentro do programa Erasmus+ “ Disability technology education” na localidade de Ibi, ALACANTE.

No mes de Julio do 2019 comezou na cidade de Braila ( Rumania) o proxecto Erasmus+  DISABILITY- TECHNOLOGY- EDUCATION, neste primeiro encontro os países de Turquía, Romanía e España definiron as actividades que levaron acabo nestes 2 últimos anos de duración do proxecto.

O obxectivo principal de este, é a creación dunha APP de realidade virtual adaptada para persoas con discapacidade intelectual, así como a introdución das TICS na educación de persoas con discapacidade intelectual.

As entidades asociadas son Psicho of Word (Romanía) entidade de apoio a persoas con discapacidade intelectual e líder do proxecto, Kozmos Instituto de tecnoloxía e software (Turquía), AIJU instituto tecnolóxico (Alacante) e Amicos.org (Boiro).

Durante estes dous últimos anos entre todas as entidades se desenvolvieron los seguintes vídeos en realidade virtual -> https://bit.ly/3oryAWG adaptados en varios idiomas.

Tamén durante o 2020 e parte do 2021 desenvolvemos distintas actividades de forma en online para manter o contacto entre as distintas entidades que colaboramos co proxecto.

Durante a estancia en Alacante visitamos, AIJU Instituto Tecnolóxico impulsor da innovación e o coñecemento en produtos infantís, lecer para empresas e entidades, así como a transferencia tecnolóxica á industria, todo iso cun ámbito nacional e internacional. Nesta aventura AIJU convidou a unha entidade da zona, APADIS asociación para a Atención das Persoas con Discapacidade Intelectual de Villena.

Tivemos tempo para todo, mesmo para facer turismo por Benidorm e Alacante, paseamos por Altea, foi unha experiencia inesquecible.

Dentro do proxecto tamén coñecemos de primeira man como fabrican as bonecas “PAOLA REINA”, tamén nos divertimos en Arcade Vintage o mundo do vídeo xogo.

A continuación deixámosvos un pequeno resumo das actividades desenvolvidas na mobilidade de Alacante