Hoxe presentamos a cuarta Edición do Festiritititi no Concello de Boiro xunto ao Alcalde José Ramón Romero García, Margarita Hermo, Directora de Relacións Institucionais da Corporación Jealsa; Felisa Piñeiro, membro da Xunta directiva da nosa asociación; Pilar Sampedro, responsable do noso Centro Integral, que deu apoio a dous dos nosos compañeiros, Carmen Piñeiro e Javier González, para informar do festival.

Como nos explicou Carmen Piñeiro “a cuarta edición do Festiritititi terá lugar este venres, 3 de decembro dende as 11:00 horas ata as 13:00 horas”. Javier González detallou que será “no Parque da Cachada de Boiro se o tempo acompaña”. Do contrario, o evento celebrarase no Polideportivo Barraña.

Nas actividades, ademáis de nós, participarán os colexios Santa Baia, Praia Xardín e o CEIP Escarabote. O principal obxectivo da festa é conmemorar o Día da Discapacidade dunha forma divertida e inclusiva. Como recalcou Pilar Sampedro, “xogar e disfrutar coa sociedade que nos rodea” e “seguir traballando cos centros escolares do noso entorno”.

José Ramón Romero García, quixo darnos as gracias por levar a cabo este tipo de iniciativas que permiten “dar visibilidade a ese día da discapacidade”. Ademáis, añadeu “E que para o ano o repitamos”.

O noso Festiritititi non sería posible sin a colaboración de Jealsa y We Sea. Margarita Hermo tamén deu as “gracias a programas como o de Amicos porque os nenos poden xogar e divertirse” e “gracias aos centros educativos pola súa implicación”.

O evento contará con todas as medidas preventivas ao Covid19, xa que estará organizado en 15 unidades de convivencia dos centros educativos que irán distribuidas por zonas indicadas nun mapa. Ademáis, todas as actividades estarán guiadas polos técnicos e as persoas con discapacidade, que estarán pendentes de que todo saia ben.

Non vos perdades a Festa da Integración porque Pilar Sampedro, Javier González e Carmen Piñeiro adiantaron que haberá algunha que outra sorpresa!