O venres, 3 de decembro, celebramos a cuarta edición do Festiritititi con motivo do Día Internacional da Discapacidade. O principal obxectivo foi compartir momentos de xogo e diversión xunto cos nenos e nenas dos colexios Santa Baia, Praia Xardín e o IES Praia Barraña, así como cos demais convidados para celebrar este día de maneira inclusiva.
Entre os asistentes estivo Fernando González Abeijón, Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, que quixo “agradecer todo o traballo que se fai” e incluso se animou a xogar a Oca de RE-MAR e a saltar a corda.
Sandra González Castro, Delegada Especial de Educación e Delegada Especial de Mocidade, tamén nos agradeceu a nosa implicación e fixo fincapé na importancia de “amosar o noso apoio tódolos días” e entre “todos aportar o noso gran de area” na inclusión.
Tamén asistiu Luís Ruíz Laiño, Concelleiro de Urbanismo, Obras e Servizos de Boiro; Raúl Romero Treus, Concelleiro de Servicios Sociais de Boiro; Ana Barreiro, Concelleira Servicios Sociais de Ribeira; Luis Oujo Pouso, Alcalde de Porto do Son; Adolfo Muíños Sánchez, Alcalde de Rianxo; Corporación Concello de Lousame, entre outros.
O evento está patrocinado pola Corporación Jealsa e We Sea. Margarita Hermo, Directora de Relacións Institucionais da Corporación Jealsa, remarcou que o Festiritititi é tan importante porque “pon en valor a integración” e fai que todos traballemos para alcanzala.
O Polideportivo Baraña de Boiro encheuse de xogos, música, obradoiros e animación para que, como dixo Xoán España, Director de Amicos, todos nos sintamos “baixo o mesmo paraugas”.