Onte estivemos no Centro Social Cabo de Cruz expoñendo os resultados de RE-MAR II, con motivo do peche do proxecto. O acto estivo guiado por Carolina Castro, representado as persoas que forman parte de Amicos.

José Manuel Pérez, Patrón Maior Confraría Cabo de Cruz, deu a benvida a todos os asistentes e fixo un chamamento para que “para o ano sigamos colaborando de esta maneira no proxecto REMAR”.

A continuación, proxectouse un vídeo en formato ‘storytelling’ no que participaron representantes das confrarías de Cabo de Cruz, Carreira e Aguiño, así como José Antonio Fernández, Director Xeral do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Este último dixo: “O que máis me gusta de este proxecto é a integración” e a importancia de “conservar o mar para que todos poidamos seguir vivindo”.

Alfonso Pérez, Adriana Miguens e Manuel Prado, en representación aos integrantes de Amicos, explicaron os resultados do proxecto, comparáronnos con REMAR I e establecéronse os novos desafíos que esperan de cara a REMAR III.

A xornada tamén acolleu un coloquio con entidades e organización colaboradoras guiado por Xoan España, Director Xeral de Amicos, que se mostrou moi orgulloso de haber chegado ata aquí gracias ao traballo de, sobre todo, as persoas con discapacidade que actuaron como guías medioambientais para concienciar a toda a sociedade.

No coloquio participou José Ramón Romero, Alcalde de Boiro; que destacou a importancia da educación e da “reeducación da xente maior”. Asímesmo, tendeu a man para que “este proxecto teña continuidade no tempo para poder seguir coidando do noso medio”.

Tamén estiveron presentes, Raúl Treus, Concelleiro de Servicios Sociais e Medio Ambiente de Boiro; Ana Isabel Barreiro Rego, Concelleira delegada de Servicios Sociais, Promoción Social, Igualdade e Diversidade de Ribeira; Juana María Brión Santamaría, Concelleira delegada de Educación, Administración, Innovación Tecnolóxica e Transparencia, Atención e Participación Cidadana de Ribeira; Estefanía Ramos Olveira, Concelleira de Servicios Municipais, Benestar Animal e Persoal da Pobra do Caramiñal e Patricia Lojo Nine, Concelleira de Cultura, Sanidade e Relacións Institucionais da Pobra do Caramiñal, entre outros.

O peche de RE-MAR II contou con representantes das Confrarías de Cabo de Cruz, Rianxo e Aguiño. José Antonio Santamaría Sampedro, Patrón maior Confraría Aguiño, agradeceunos o noso labor, pois “van sensibilizando e traballando para que as cousas cambien”. Ademais, destacou que “unha das cousas mellores de este traballo non so é sensibilizar, senón traballar na difusión”.

Juan José Rial Millán, Patrón maior Confraría Illa de Arousa quixo remarcar que “temos que deixar de barrer para debaixo da alfombra do mar” pois “os plásticos acaban sendo microplásticos e acaban na cadena alimenticia”. Por iso, “esperamos que Amicos siga ahí ano tras ano, axudándonos a loitar no cuidado do medioambiente”.

Por outra parte, Rosa María Carballo Martínez, Representante do GALP Ría de Arousa, dixo que “imos nunha liña axeitada” porque “o cuidado do medioambiente tense que facer de forma colectiva”.

Remar II “Custodia Ambiental para a Redución de Residuos no Espazo Mariño Protexido das Rías Baixas” é un proxecto, impulsado por Amicos, xunto co Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, desenvólvese coa colaboración da Fundación Biodiversidade, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do Programa pleamar, cofinanciado polo FEMP.