Persoas que apoiamos a persoas
Traballamos para apoiar ás persoas con discapacidade. Coñece as nosas últimas historias
Últimas novas
OS E AS PEKES DESFRUTAN DUNHA XORNADA RURAL NA GRANXA ESCOLA DE BERGANDO
O alumnado do CEEPR de Oleiros desfrutamos este luns, 14 de outubro, dunha xornada do máis bucólica na Granxa Escola Bergando, situada en Negreira. Alí pasámolo en grande participando en distintas actividades como hípica, tiro con arco ou obradoiros de traballos manuais. Pero o momento máis esperado foi sen dúbida a visita aos habitantes da granxa: unha chea de animaliños do máis encantadores.
OS NOSOS PEKES PARTICIPAN NO PROXECTO DE INTERCAMBIO ‘EXPRESARTE’ DA ASOCIACIÓN SAN XEROME EMILIANI, QUE ESTE MÉRCORES VISITOU BOIRO
Un ano máis, e por terceiro consecutivo, en Amicos colaboramos coa asociación San Xerome Emiliani da Guarda no seu proxecto de intercambio, que neste 2024 leva como título ‘ExpresArte’.
A EXPOSICIÓN ITINERANTE ‘AMIRÍOS’ COMEZA A SÚA VIAXE INFORMATIVA POLA CONTORNA DO BARBANZA
O paseo da praia de Barraña de Boiro acolle desde a mañá deste xoves, 10 de outubro, a exposición informativa do proxecto AMIRÍOS. Os viandantes que paseen pola zona poderán desfrutar da mostra ata o domingo 13, na que poderán descubrir cuestións como en que consiste a iniciativa, a biodiversidade que habita nos ríos galegos, ou as ameazas ás que se enfronta este tipo de ben natural.
RECIBIMOS A VISITA DE REPRESENTANTES DO FONDO ‘ALIANZA POLA IGUALDADE DE XÉNERO EN EUROPA’
Dúas representantes do fondo Alliance for Gender Equality in Europe, agrupación centrada no avance da igualdade de xénero e os dereitos das mulleres en Europa, viaxaron ata Ribeira para coñecer en persoa a Fundación Amicos. Con este obxectivo, Nadège Lharaig e Maria Cipriani, da área de Proxectos da agrupación, acudiron este xoves, 26 de setembro, ao noso CEEPR.
Coñece todo sobre nos nas nosas redes
Máis sobre AMICOS
Coñece os centros de Amicos
Amicos conta cun Centro de Atención Integral en Boiro e un Centro de Educación Especial en Ribeira, ambos na provincia da Coruña.
Aínda que o noso territorio de intervención é toda Galicia, tamén colaboramos con entidades autonómicas, nacionais e ata europeas
a través dos programas Erasmus+.
Faite Socio
O noso traballo tamén é posible grazas aos doantes regulares, ás empresas e aos amigos que se suman a Familia Amicos. O voso apoio é unha alianza de valor compartido, unha aposta pola solidariedade que nos permite levar a cabo o noso traballo diario.
Multimedia
Descobre todo o que facemos na nosa canle de Youtube! Contido exclusivo, e moito máis. Non o perdas! Dálle click e subscríbete!