Laboratorio participativo para a prevención e valorización das basuras mariñas. O proxecto LAB-MAR desenvolverase no ámbito territorial de Galicia e Andalucía, centrando a atención en reducir os residuos mariños, fomentar a colaboración entre o sector pesqueiro e marisqueiro e outros sectores empresariais e sociais, impulsar a innovación e a creación de emprego inclusivo e contribuír cara a unha economía circular e azul.
Para iso, contémplase a execución de actuacións tales como a organización de xornadas de recollida de lixos mariños en espazos protexidos da costa galega e andaluza coa implicación de axentes da sociedade e o sector pesqueiro e marisqueiro; a creación dun comité técnico e dun laboratorio de ideas para a elaboración de útiles para o sector pesqueiro procedentes da valorización de lixos mariños; a formación dunha escola inclusiva para o fomento da reciclaxe e valorización de lixos mariños e o desenvolvemento dunha campaña de información e sensibilización para a prevención de residuos e a protección dos espazos naturais.
Este proxecto conta coa colaboración da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico a través do Programa PLEAMAR financiado polo FEMPA.Laboratorio participativo para a prevención e valorización das basuras mariñas