“O libro viaxeiro”, que xa vai pola súa segunda edición, trata dun proceso de creación literaria, no que partindo dun libro en branco, un alumno/a do CEEPR AMICOS dá comezo a unha historia, que páxina a páxina irán desenvolvendo os seus compañeiros e compañeiras. Unha vez todos os alumnos e alumnas realicen a súa achega, o libro viaxa a un novo centro, noutra comunidade autónoma, onde outra rapazada continuará a historia.
A excepcionalidade do proxecto radica en que “O libro viaxeiro” é un libro cognitivamente accesible, que non precisa de adaptacións, pois foi concibido para unha audiencia universal polos seus propios destinatarios: nenas e nenos de diferentes recunchos de España.
Engadir que “O libro viaxeiro” reivindica a diversidade cultural e lingüística do noso país, redactado en linguas minoritarias e proxectado ao conxunto da comunidade educativa en castelán.