8ª EDICIÓN CONVOCATORIA SOLIDARIA BBVA FUTURO 2026

MONTE VIVO: ACCIÓNS PARTICIPATIVAS INNOVADORAS PARA A DINAMIZACIÓN SOCIOECONÓMICA INCLUSIVA DO PATRIMONIO FORESTAL DO MONTE COMUNAL DA CARIDADE

Monte Vivo é un proxecto comunitario orientado á restauración, reforestación e conservación do monte comunal da Caridade, no concello de Monterrei (Ourense). A través de accións participativas e innovadoras procúrase dinamizar un territorio gravemente afectado polos incendios de 2025, que provocaron importantes danos ambientais e un impacto directo no seu patrimonio social e cultural. Partindo da idea de que só se coida aquilo que se coñece e séntese como propio, o proxecto adopta un enfoque inclusivo, integrador e comunitario, fomentando a colaboración entre persoas e institucións e promovendo a gobernanza participativa.

Monte Vivo artéllase arredor de tres eixos principais:

1) Pulo ao desenvolvemento socioeconómico sostible mediante a capacitación profesional e a creación de experiencias inclusivas innovadoras que xeren emprego verde.

2) Posta en marcha de accións de voluntariado e de promoción da sostibilidade ambiental e poñer en valor o patrimonio forestal da Caridade.

3) Desenvolvemento dun programa educativo e de sensibilización ambiental para concienciar sobre a importancia da preservación dos ecosistemas terrestres e facer fronte aos efectos da mudanza climática.