MONTE VIVO ENCE é un proxecto que se desenvolve nos municipios de Marín, Poio e Pontevedra e que pretende contribuír no estado de conservación dos montes e parcelas rurais a través de actuacións sobre o propio terreo e de actividades de sensibilización dirixidas á poboación xeral, con especial destaque de escolares e comunidade local.

Para previr as consecuencias dos incendios forestais (desolación dos habitantes da contorna, destrución do medio natural e de recursos económicos, incremento das emisións de CO2 que potencian o efecto invernadoiro que alimenta a mudanza climática) combinaranse actuacións in situ, sobre o terreo (limpa, roza e silvicultura preventiva), intervindo en diferentes parcelas forestais distribuídas entre os tres concellos, con actividades de concienciación e sensibilización destinados principalmente a escolares dos centros de ensino de Poio, Pontevedra y Marín.

Ademais, como dende Properdis estamos convencidos de que o cambio na forma de relacionarnos coa contorna (sostibilidade) vai asociado a unha mudanza na forma de concibir as relacións socioeconómicas (economía social), MONTE VIVO ENCE promove a inclusión das persoas con discapacidade intelectual concedéndolles a estas persoas a capacidade de intervir, visibilizarse e revelar o seu potencial á sociedade, convertíndose en axentes do cambio e dándolle a oportunidade de, a través deste proxecto, insertarse laboralmente.