O Servizo de respiro familiar apoia e serve de soporte ás familias da comarca que teñen un membro con discapacidade intelectual e dependencia.

O obxectivo principal do programa é o de dispoñer dun servizo de respiro para as familias da comarca que teñen un familiar con discapacidade intelectual e autismo. Trátase dunha necesidade básica para moitas familias que a Asociación Integrados quere consolidar e dar continuidade debido a que cada vez existe unha maior demanda.

A Asociación Integrados, co Servizo de respiro familiar, quere facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral dos membros das familias namentres se presta unha atención temporal e a curto prazo ao seu familiar con discapacidade, para iso, búscase que o familiar con discapacidade intelectual e dependencia poida acceder a unhas actividades diferentes e nun entorno distinto ao habitual. O programa busca que as persoas con discapacidade gocen de actividades deportivas, culturais e medioambientais mentres as súas familias dispoñen dun tempo necesario para desenvolver unha vida familiar, laboral e social satisfactoria.

No servizo de respiro familiar, as persoas con discapacidade realizan as seguintes actividades:

  • Actividades medioambientais (limpeza e coidado do noso entorno natural, Dunas de Corrubedo, Illa de Sálvora…).

  • Actividades de promoción da saúde e de rehabilitación (hidroterapia, estimulación, competencias, etc.).

  • Actividades deportivas (actividades grupais e de inserción social na comunidade).

  • Actividades culturais (visitas a zonas con valor patrimonial e cultural).

  • Actividades de ocio e tempo de lecer (visita e participación en festas tradicionais, obradoiro de teatro, dinámicas de xogos, etc.).

01/01/2025-31/12/2025