Promovela dignidade intrínseca de todo ser humano, tamén a través do deseño, constitúe o fundamento último de toda acción humanizadora. Esta dignidade é a base sobre a que sustentan empatía e respecto, permitindo recoñecer nas outras persoas a semellantes. Persoas que contribúen coa súa personalidade e cualidades á construción dun mundo máis rico, igualitario, xusto, amable e saúdable.

É por isto que o proxecto de HUMANIZACIÓN DAS ESTANCIAS DA AMPLIACIÓN DO FOGAR AMICOS pasa por incidir non só no deseño e desenvolvemento de programas que saían ao paso das necesidades materiais non cubertas en moitas persoas, senón por incidir tambén na saúde e autonomía nas relacións, no respecto dos valores, no manexo dos sentimientos de frustración e de perda, no potenciamiento da autopercepción, etc.