COMPROMÉTETE COS ODS é un proxecto aniñado e desenvolvido no marco do VI Plan Social ENCE Pontevedra 2025, que pretende:

  • Xerar oportunidades de emprego para as persoas en situación de maior vulnerabilidade social (persoas con discapacidade, persoas novas residentes no rural, maiores de 45 anos, desempregados de longa duración, mulleres rurais…).

  • Asegurar o recoñecemento, respecto e aplicación dos dereitos das persoas con discapacidade, promovendo comunidades máis inclusivas, nas que gocen de máis oportunidades e poidan desenvolver a súa autonomía e mellorar a súa calidade de vida.

  • Impulsar a economía social, o cooperativismo e a innovación social como instrumentos para a loita contra a pobreza e a exclusión social.

  • Deseñar accións formativas, informativas e innovadoras adaptadas ás persoas en situación de maior vulnerabilidade, fornecendo de ferramentas e medio para podérense desenvolver laboralmente.

  • Fomentar o liderado das mulleres, facendo fincapé naquelas que se atopan nunha situación de maior vulnerabilidade social (mulleres con discapacidade, vítimas de violencia de xénero, migrantes…).