Dende Amicos, entendemos que a participación das familias é imprescindible para evitarmos a institucionalización dos seus seres queridos, ou polo menos para evitar as consecuencias máis negativas que sobre as persoas usuarias este modelo de atención pode supoñer, e supón. O acceso das familias, o respecto á intimidade das mesmas no tempo compartido polos seus membros, a súa participación nos procesos rehabilitadores ou de emancipación dos seus parentes usuarios porén, implican un incremento dos espazos destinados ás mesmas: as salas de atención específica para as familias que a través deste proxecto nos propoñemos habilitar.

E, do mesmo xeito en que as familias precisan dun espazo propio, o máis semellante posible, en intimidade e comodidade, a un fogar, en aras de mellorar a calidade de vida e a atención ás persoas usuarias; do mesmo xeito, para podermos acadar a excelencia no tratamento e atención destas persoas, debemos de coidar os espazos en que son atendidos polo persoal laboral e os espazos onde este persoal laboral desenvolve as súas tarefas: os despachos e as salas de traballo, que canda as salas de atención específica ás familias, completan o proxecto de investimento aprobado pola Deputación da Coruña.

01/01/2025-31/12/2025