BS623D LVI AUTOCOIDADO E EMPODERAMENTO DE MULLERES CON DISCAPACIDADE

O programa de “Autocoidado e empoderamento de mulleres con discapacidade”, que deu inicio en 2025 (IRPF 2024), grazas aos bos resultados, encamíñase a súa segunda edición.

Este programa céntrase na loita das dificultades e problemas que sofren as mulleres con discapacidade, como son:

  • Acceso limitado a educación.
  • Discriminación laboral.
  • Violencia de xénero.
  • Falta de servicios de saúde accesibles.
  • Dificultades na autonomía persoal.
  • Illamento social.
  • Estigmatización e prexuízos.
  • Dificultades na participación cívica.

 

A idea do programa non é outra que brindar as mulleres con discapacidade as ferramentas e apoio necesarios para vivir unha vida independente, autónoma e plena, libre de discriminacións e con igualdade de oportunidades.

DURACIÓN DO PROGRAMA: Xaneiro-decembro de 2026.