BS623D L1 SERVIZO DE APOIO Á REHABILITACIÓN DE NENOS E NENAS CON PLURIDISCPACIDADE

Mediante  Servizo de rehabilitación de nenos e nenas con pluridiscapaciade perseguimos conseguir que os nenos e nenas que presentan trastornos no seu desenvolvemento, ou teñen risco de padecelos, reciban todo aquilo que dende a vertente preventiva e asistencial poida potenciar a súa capacidade de desenvolvemento e de benestar, posibilitando da forma máis completa a súa integración no medio familiar, escolar e social, asemade a súa autonomía persoal.

Isto conseguirase grazas a un traballo continuado, cuxos froitos iranse reflectindo e materializando progresivamente, incrementando as posibilidades de aprendizaxe, as potencialidades para adquirir novas ferramentas e habilidades, e procurándolles unha maior calidade de vida tanto ás persoas usuarias e directamente beneficiarias, como ás súas familias, atendendo ás necesidades que presentan os nenos con trastornos no seu desenvolvemento, sexan transitorios ou permanentes.

DURACIÓN DO PROGRAMA: Xaneiro-decembro de 2026.