Medidas innovadoras e inclusivas para a recuperación e conservación de comunidades bentónicas no Mediterráneo e Atlántico Galego. A degradación causada por impactos antropogénicos en áreas mariñas protexidas require estratexias urxentes para promover a súa conservación. Ademais, a redución dos impactos de pesca e o uso de áncoras nos Ecosistemas Mariños Vulnerables (EMV) converteuse nunha prioridade tras as recomendacións das Nacións Unidas e da FAO.
Nos EMV, os principais organismos son corais e xunto coa Posidoniaoceánica e os bosques de laminarias serven como lugar de refuxio, alimentación e cría para un gran número de especies de interese comercial. Con todo, as actividades antropogénicas comprometen a viabilidade das súas poboacións e conleva unha redución do stock das especies comerciais asociadas. O proxecto CABALGA contribúe a mitigar estes efectos antropogénicos mediante a restauración de gorgonias, Posidonia oceanica e Laminaria, e ao mantemento dos servizos ecosistémicos a través dunha pesca e un plan de uso dos EMV máis sostible.
Este proxecto conta coa colaboración da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico a través do Programa PLEAMAR financiado polo FEMPA.