BS623D L3 INNOVACIÓN E DESENVOLVEMENTO TECNOLÓXICO DA IA NAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
O programa de Innovación e desenvolvemento tecnolóxico mediante intelixencia artificial para a mellora da interacción comunicativa en persoas con discapacidade ten como finalidade xeral mellorar a calidade de vida, a autonomía e a inclusión sociocomunitaria de persoas con diversidade funcional que presentan severas dificultades na comunicación, especialmente aquelas en situación de vulnerabilidade ou exclusión social, mediante o deseño e desenvolvemento dunha ferramenta tecnolóxica baseada en IA adaptada ás súas capacidades expresivas.
O obxectivo xeral é desenvolver unha aplicación intelixente de comunicación asistida, personalizada e accesible, que empregue algoritmos de aprendizaxe automática para interpretar xestos, expresións faciais, sons e outros sinais non verbais, facilitando a interacción das persoas con discapacidade co seu entorno familiar, educativo e comunitario.
DURACIÓN DO PROGRAMA: Xaneiro-decembro de 2026