BS623D L3 SERVIZO DE APOIO TUTELAR E ASESORAMENTO XURÍDICO A PERSOAS CON DISCAPACIDADE, FAMILIAS E ENTIDADES
O Servizo de Apoio Tutelar ten como obxectivo promover a inclusión das persoas con discapacidade intelectual como cidadáns/as de pleno dereito nunha sociedade máis xusta e solidaria, para o que é preciso fomentar a súa autonomía e autodeterminación, ofrecérllelos apoios específicos que precisen, visibilizar a súa realidade e potenciar a súa capacidade xurídica.
O programa parte dun enfoque de Planificación Centrada na Persoa (PCP), recoñecendo a dignidade individual e apoiando as decisións das persoas con discapacidade. Desta maneira, asegúrase que as persoas en situación de desamparo teñan acceso a máis oportunidades, recibindo recursos para un desenvolvemento cotián satisfactorio e información sobre os seus dereitos e obrigas xurídicas, médicas, laborais e sociais.
DURACIÓN DO PROGRAMA: Xaneiro-decembro de 2026.