BS623D L3 SERVIZO DE APOIO AO EMPRENDEMENTO DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O programa de SERVIZO DE APOIO AO EMPRENDEMENTO DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE tratará de facilitar orientación e información ás persoas con discapacidade para iniciar unha actividade empresarial mediante o autoemprego ou a creación dunha empresa.

Asesorar, formar e innovar no autoemprego para as persoas con discapacidade son os obxectivos do servizo de apoio ao emprendemento de persoas con discapacidade. Para iso é necesario a formación e experiencia, como a adquisición dunha serie de competencias persoais e sociais.

Os principios que regulan o servizo de apoio ao emprendemento que ofrecemos, establecen que as persoas recibirán durante todo o proceso orientación, asesoramento, información e formación axustados ao perfil do colectivo e facendo especial fincapé nas actitudes e habilidades persoais para o autoemprego.

DURACIÓN DO PROGRAMA: Xaneiro-decembro de 2026.