CT200A EQUIPAMENTO PARTICIPACIÓN COA COMUNIDADE PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE

No desenvolvemento dos programas da entidade, nos que participan persoas mozas, detectouse unha limitación clara no acceso e uso de recursos tecnolóxicos adaptados, tanto por parte das persoas beneficiarias como do equipo técnico e voluntario. Moitas persoas participantes proceden de contornos rurais e familiares con escasos recursos económicos e dixitais, que dificultan o acceso ás TIC, xerando unha importante brecha tecnolóxica. A meirande parte das familias non dispoñen de dispositivos adaptados nin coñecementos para acompañar os seus fillos e fillas no uso responsable da tecnoloxía. 

Esta fenda agrávase no caso das persoas con discapacidade intelectual, que ven limitadas as súas opcións formativas, comunicativas e de lecer se non dispoñen de dispositivos accesibles e adaptados ás súas necesidades cognitivas e sensoriais. É aquí onde cobra sentido este proxecto de investimento: garantir o dereito á participación, á aprendizaxe e á comunicación a través da dotación tecnolóxica adecuada, favorecendo o desenvolvemento de programas inclusivos de calidade. 

A adquisición de equipamento como pizarras dixitais, táblets, ordenadores portátiles e soportes adaptados permitirá desenvolver actividades máis interactivas, personalizadas e motivadoras, mellorando a accesibilidade e os resultados educativos e sociais dos programas.

DURACIÓN DO PROGRAMA: Xaneiro-decembro de 2026.