BS623D LIV REHABILITACIÓN DE VIVENDAS PARA A PROMOCIÓN DA VIDA AUTÓNOMA DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE

A transición á vida adulta é un proceso crítico na vida de calquera persoa, máis aínda para as persoas con discapacidade, estando este proceso salferido de desafíos adicionais. Moitas destas persoas viven en vivendas que non están adaptadas ás súas necesidades, o que limita a súa capacidade para desenvolver habilidades de vida independente e participar plenamente na súa comunidade. As barreiras arquitectónicas, a falta de accesibilidade e a ausencia de apoio na contorna son factores que contribúen á marxinalización destas persoas. A rehabilitación de vivendas preséntase como unha solución viable para mellorar a calidade de vida, evitar o illamento social e permitir a autonomía e facilitar o acceso a recursos que son fundamentais para unha vida adulta satisfactoria

O programa  de REHABILITACION DE VIVENDAS PARA A PROMOCION DA VIDA AUTONOMA DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE  preséntase como unha solución integral para abordar estas cuestións:

  • Promovendo a autonomía a través da eliminación de barreiras físicas que limitan e impiden unha normal vida cotiá.
  • Fomentando a inclusión social dende unha contorna accesible que permita e incentive a participación.
  • Impactando na calidade de vida, influíndo positivamente na saúde mental das persoas beneficiarias.

 

DURACIÓN DO PROGRAMA: Xaneiro-decembro de 2026.