BS623D L1 PROGRAMA DE TRANSICIÓN Á VIDA ADULTA PARA MENORES CON TEA
O “Programa de transición á vida adulta para menores con TEA” é un programa complementario, que se engade, suma e completa a outros programas destinados á satisfacción das necesidades e dereitos tanto dos menores de idade como das persoas con discapacidade no seu conxunto, e que abranguen outras áreas non menos vitais, tamén vinculadas a autonomía e a emancipación, como poden ser os programas vencellados á educación adaptada, á capacitación en habilidades e destrezas (ben para o seu desenvolvemento persoal ben para a súa empregabilidade), á protección as persoas en risco especial de vulnerabilidade (pensemos nas vítimas de violencia de xénero, ou nos menores vítimas de violencia familiar), e por suposto, todos aqueles que teñen por obxectivo a súa inclusión na sociedade, a súa inserción laboral e o combate da discriminación e os prexuízos que os envolven, atinxen e afectan.
O obxectivo principal do programa é o de ofrecer apoio e orientación a mozos e mozas con TEA e facilitar as ferramentas para acadar o máximo nivel de independencia posible, en función das particularidades, necesidades e capacidades de cada persoa, traballando para a consecución dun emprego que permita progresar na autonomía persoal, independencia e transición á vida adulta. Conducindo, as intervencións, ao desenvolvemento de relacións sociais e á participación na vida da colectividade e en actividades de tempo libre.
DURACIÓN DO PROGRAMA: Xaneiro-decembro de 2026.