BS623D L3 HORIZONTE BLUE CONTRA OS LIXOS MARIÑOS E FOMENTO DA CIDADANÍA ACTIVA 

O programa ”Horizonte Blue de loita contra os lixos mariños e fomento da cidadanía activa” está enfocado á participación das persoas con discapacidade nos retos medio ambientais, tendo como eixo prioritario formalas e conciencialas sobre a situación da biodiversidade e a contaminación mariña na nosa contorna.

En primeiro lugar, o programa fornece de formación ás persoas con discapacidade para que poidan recoñecer os retos ambientais aos que nos enfrontamos. Unha vez realizadas as formacións pertinentes comeza o traballo de campo, combinando accións directas e de concienciación e sensibilización abertas a tódolos públicos,  nas que as persoas con discapacidade asumen o rol de axentes ambientais e do cambio. Pechan o programa as actividades de valorización de refugallos en función do principio dos “5 R”.

DURACIÓN DO PROGRAMA: Xaneiro-decembro de 2026.